Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 18 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Na tarde do día de onte, 17 de xullo, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Rolda das Fontiñas, xa que se produciu un accidente de circulación no que un vehículo se desvía da súa traxectoria e choca contra outro estacionado.

No lugar dos feitos os axentes identifican á condutora, pescudando que o vehículo, unha vez chocou contra o estacionado, foi conducido por un acompañante que viaxaba no asento de copiloto, xa que a condutora estaba moi nerviosa, procedendo tamén á súa identificación, resultando que dita persoa CARECE de permiso de condución por perda total dos puntos asignados, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, levantando atestado polos danos ocasionados.

Noticias relacionadas