Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 18 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Incendio en vehículo

Sobre as 16:30 horas do día 17 de outubro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo desprázase á Rúa da Pomba, xa que ao parecer había un vehículo ardendo.

Os axentes comparecen de inmediato e comproban que dun vehículo estacionado sae fume polo que, coa axuda do extintor do vehículo policial, tratan de sufocar o incendio, procedendo a levantar o capó do vehículo onde observan que sae fume da batería do mesmo, a cal se está queimando.

Aos poucos minutos preséntanse efectivos do Corpo de Bombeiros que se fan cargo da completa extinción, procedendo os axentes á identificación do propietario do vehículo. (Adxúntase imaxe)

Auxilio á cidadanía

Sobre as 23:45 horas do día 17 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo pola Rolda da Muralla, é alertada por unha muller indixente que ao tentar durmir no vestíbulo dun establecemento, viuse sorprendida polo peche automático do enreixado, quedando atrapada no seu interior, atopándose totalmente asustada.

Os axentes localizan a unha empregada do local comercial que se presenta no lugar, facilitando a saída desta muller, de 55 anos de idade, que a pesar de que os axentes a trasladaban ao Fogar do Transeúnte, rexeitou tal proposta.

Controis de velocidade

Na tarde de onte día 17 intensificáronse os controis de velocidade en vías do centro urbano, onde se detectan un incremento do número de accidentes, utilizando un vehículo policial dotado de cinemómetro, controlando 1.292 vehículos e formulándose 36 denuncias por pasar a velocidade establecida nas vías de 50 km/h.

A velocidade máxima rexistrada foi na Avenida de Madrid onde un vehículo foi captado a 91 km/h, o que supón para o condutor unha sanción de 400 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Noticias relacionadas