Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 18 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Auxilio á cidadanía

Sobre as 1:45 horas do día 18 de novembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo observa, na rúa Montero Ríos, un home de avanzada idade que camiña con dificultade.

Co fin de comprobar se se atopa en bo estado, os axentes entrevístanse con esta persoa, de 89 anos, o cal lles manifesta que está a esperar ao bus urbano para que o leve o HULA, co fin de recibir unha dose da vacina contra o COVID. Os policías préstanlle auxilio xa que non levaba roupa de abrigo e a temperatura era moi baixa, indicando este señor que non desexaba volver ao seu domicilio xa que ten medo a quedar durmido e perder a cita e que quere quedar na parada de autobús ata que pase un que o leve ao hospital.

A patrulla realiza investigacións, non constando que esta persoa poida estar desaparecida, convencéndoo de que lles acompañe ao HULA, onde pode esperar alí para vacinarse, sendo trasladado e quedando ao coidado do persoal facultativo para a realización dunha exploración médica.

Filtros de seguridade viaria

Na madrugada do día 18 de novembro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio dunha unidade de Atestados, estableceron diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectando CATRO vehículos que non facían uso do sistema de iluminación regulamentaria, sendo os seus condutores propostos para sanción de 200 euros.

Así mesmo, ás 4:15 horas, detectouse nun dos controis establecido na rúa San Roque, o condutor dun turismo que presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,75 mg/l (triplo da taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Noticias relacionadas