Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 19 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Localización de persoa fuxida dun centro psiquiátrico

Na tarde do día 18 de outubro o grupo de servizo da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é informado pola Sala do 092 da fuga dun home dun centro psiquiátrico de Pontevedra, indicando as características físicas e vestimenta.

Unha patrulla localiza a esta persoa na Estación de Autobuses da cidade, sendo auxiliado, aínda que se atopa en bo estado, trasladándoo a dependencias policiais onde se realizan as investigacións oportunas, localizando a unha familiar que acode a esta Xefatura, facéndose cargo del.

Axuda humanitaria

Na tarde do día 18 de outubro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda ás inmediacións do Balneario, xa que unha persoa atópase incapacitada para conducir.

Os axentes son recibidos por un home que informa que momentos antes, cando circulaba como acompañante nun vehículo que conducía a súa parella pola N-VI, esta sentiuse indisposta, apartando o vehículo da circulación, sendo trasladada ao HULA, quedando en custodia do turismo, que non podía movelo ao non ter permiso de condución, solicitando o auxilio da patrulla para desprazalo a un lugar seguro, o que fixo un dos axentes, deixándoo nun lugar adecuado ata que a súa parella poida facerse cargo del.

Accidentes de circulación

No día de onte, a Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo, interveu nos seguintes accidentes de circulación:

  • 9:30 horas. Accidente na Avenida Benigno Rivera con Rúa Industria, no que un turismo ao acceder ao interior da glorieta choca contra outro vehículo que circulaba correctamente, rexistrándose danos materiais.
  • 20:10 horas. Na rúa Valle Inclán con Río Navia un vehículo atropela a unha moza que foi evacuada ao HULA, aínda que non reviste gravidade.
  • 21:00 horas. Accidente na rúa Fermín Rivera onde un vehículo invade o carril contrario, chocando contra outro vehículo, rexistrándose danos materiais.

Noticias relacionadas