Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante o día 19 de xaneiro.

Venres, 20 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Ruídos en interior de vivenda

Por parte do Grupo Operativo Nocturno de Policía Local, intervense nunha vivenda da rúa Camiño Real onde, procedente dun piso, escóitase música moi alta e voces de persoas que alteran o normal descanso do resto do edificio facendo imposible o descanso.

Que despois de escoitar desde a vivenda da persoa requirente, os axentes diríxense ao piso de onde proceden as anomalías, poñéndose á fala cos moradores e solicitando o cesamento do ruído, ao cal acceden de maneira rápida.

Discusión en interior de vivenda

Que o mesmo Grupo Operativo, intervén nunha discusión moi acalorada na rúa dos Gardas, onde un home e unha muller, que non son parella leva discutindo acaloradamente e con lanzamento de obxectos, segundo os veciños, durante un longo tempo, sendo escoitada polos axentes.

Que postos á fala cos moradores do devandito piso, trátase dunha muller que acolleu a un home no seu domicilio xa que non tiña onde quedar, e que non houbo ningún tipo de agresión por ningunha das partes, só unha discusión.

Escape de gas en interior de vivenda

Acódese á rúa Dona Urraca por un forte cheiro a gas no interior da vivenda, colaborando tamén unha dotación de bombeiros, os cales, despois de revisar toda a mesma e non observar ningunha fuga, chegaron á conclusión de que se puido tratar dunha mala colocación da carapucha da botella de butano, motivo polo cal se produciu o cheiro a gas.

Vertedura de produto líquido esvaradío en vía pública

O Grupo Operativo de Policía de Barrio intervén na zona da rúa Bernardino Pardo Ouro confluencia coa glorieta de Carballo Calero, toda vez , que se observa unha mancha na calzada, a cal se atopa moi esvaradía. Comparecen dúas dotacións de bombeiros para proceder á limpeza da zona co fin de evitar riscos á circulación de vehículos, e á vez téntase pescudar de que tipo de vertedura se trata.

Negativa a facilitar follas de reclamación a un cliente

Acódese a un bar sito na Rolda da Muralla, tendo en conta que unha persoa solicita as follas de reclamacións e non é atendida na súa petición por parte do encargado do local de hostalería. Unha vez, se media entre ambos, facilítanse os datos e axúdaselles a cubrir as mesmas, deixando unha copia para cada unha das partes. Devandito local foi denunciado pola comisión de varias infraccións á Lei de normativa reguladora de espectáculos públicos.

Noticias relacionadas