Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 17 ao 19 de febreiro.

Luns, 20 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e drogas

Durante as noites do venres e sábado, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo intensificou os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, establecendo diversos filtros de seguridade viaria, non só para a comprobación do grao de impregnación alcohólica dos condutores senón tamén para o control de documentación e estado dos vehículos, detectándose as seguintes incidencias:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

Na Av. De Ramón Ferreiro dáse o “alto” a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1,01 mg/l (catro veces a taxa máxima permitida), comprobando ademais que CARECÍA do permiso de condución por non obtelo NUNCA, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por DOUS delitos contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na mesma avenida detéctase a condución irregular dun vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,83 mg/l, comprobando os axentes a través das bases de datos policiais que o condutor CARECE de permiso por orde xudicial, polo que se instrúen dilixencias por DOUS DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na Rolda Norte é detectado un vehículo cuxa condutora presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometida ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,72 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria, inmobilizando o vehículo.

Un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Avenida da Coruña xa que unha patrulla da Garda Civil de Tráfico dera o “alto” a un vehículo que realizaba unha condución neglixente, obrigando á patrulla para realizar unha manobra evasiva para evitar chocar, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO DE 0,79 MG/L, sendo investigado por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

Na rúa San Roque establécese un filtro de seguridade viaria, realizando mostraxe de alcoholemia a varios condutores, detectando TRES condutores que lanzan resultado POSITIVO nas probas de detección alcohólica ás que foron sometidos. O primeiro lanzou resultado Positivo de 0,50 mg/l; o segundo Positivo de 0,44 mg/l e o terceiro Positivo de 0,37 mg/l.

Ao primeiro abríuselle expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e aos outros dous de 500 euros e a retirada de 4 puntos, inmobilizándose os vehículos.

Na rúa Illas Canarias detéctase a condución irregular dun vehículo cuxo condutor ao ser sometido ás probas de alcoholemia lanza un resultado POSITIVO de 0,49 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Nun filtro de seguridade viaria establecido na Avenida das Américas detectáronse DOUS condutores que lanzaron nas probas de alcoholemia resultado POSITIVO de 0, 47 e 0,37 mg/l respectivamente, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución para cada condutor e inmobilizando os vehículos.

Na rúa do Valiño sorpréndese a un condutor que presenta signos de inxesta de alcol, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0, 35 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Así mesmo no transcurso destes controis localizouse un vehículo sobre o que pesaba mandamento de procura e captura por embargo, sendo trasladado ao Depósito Municipal onde quedou precintado ao dispor do órgano competente.

Axuda humanitaria

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo tiveron que intervir durante a fin de semana en diversas situacións de auxilio á cidadanía, destacando os seguintes servizos:

  • Unha patrulla é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Salmón xa que unha persoa de avanzada idade está dentro do domicilio e non abre a porta, temendo que puidese pasarlle algo grave. Os axentes póñense ao fala co requirente do servizo o cal informa que saíu da súa vivenda sen chaves e que ao regresar, a súa muller que se quedou na casa, non lle abría a porta, procedendo os policías para requirir a presenza dunha dotación de Bombeiros que acceden ao interior, achando á señora en bo estado, sentada nunha cadeira da cociña e escoitando a radio a volume moi elevado, motivo polo cal non escoitou o timbre da porta, finalizando sen outra novidade.
  • Na Praza do Campo Castelo unha patrulla localiza a unha persoa que se achaba desorientada, camiñando con zapatillas de casa, non sabendo indicar aos axentes onde vive nin como se chama, pescudando onde reside e trasladándoo ao seu domicilio, facéndose cargo desta persoa un familiar.
  • Unha patrulla é comisionada pola Sala do 092 para que se dirixa a un edificio da zona norte da cidade xa que no interior dunha vivenda hai unha persoa que se acha indisposta, comprobando os axentes que se trata dunha muller que, sendo atendida pola dotación sanitaria dunha ambulancia do 061, sendo trasladada a un centro médico para a súa atención facultativa.
  • Unha patrulla detecta no Carril dos Indios unha persoa tirada no chan que sufrira unha caída e sangraba polo nariz, sendo auxiliada por uns cidadáns e polos axentes actuantes, que reclaman a presenza dunha ambulancia do 061, sendo trasladada ao HULA.

Noticias relacionadas