Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 20 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Verteduras ilegais

A Policía Local de Lugo iniciou un dispositivo especial para o control de verteduras ilegais no municipio, empregando para iso tanto vehículos policiais rotulados e camuflados como axentes de uniforme e de paisano, para tratar de sorprender a persoas que depositan residuos en espazos públicos.

Este dispositivo, que se iniciou hai uns días, deu como froito que se levantasen TRES actas de denuncia por infracción á Lei de Residuos e Chans Contaminados de Galicia, sendo a intervención máis relevante cando os axentes sorprenderon “in fraganti” ao condutor dun vehículo depositando residuos na marxe dunha estrada, para despois queimalos e recoller os metais, quedando esparexido pola calzada o resto de materiais.

As persoas denunciadas son propostas para sanción de 45.000 euros por infracción MOI GRAVE á citada Lei de Galicia, centrando os axentes a súa actuación tanto nas zonas próximas ao centro urbano como en lugares e parroquias do Municipio.

Este dispositivo manterase o tempo que sexa necesario ata localizar e identificar as persoas que se dedican a realizar a vertedura ou abandono de residuos. (foto)

Delito contra a seguridade viaria

Na tarde de onte, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Avenida de Garabolos, xa que unha patrulla da Policía Nacional deu o alto a un vehículo, comprobando os axentes que o condutor presentaba signos de consumir substancias estupefacientes, procedendo os policías da Unidade de Atestados a realizar un test de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en COCAÍNA e ANFETAMINAS, abrindo expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Así mesmo comprobouse, a través das bases de datos policiais, que o condutor CARECÍA DE PERMISO DE CONDUCIÓN por PERDA TOTAL DOS PUNTOS ASIGNADOS, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria, na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Noticias relacionadas