Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 20 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Na madrugada do día 19 de xuño un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Curros Enríquez xa que ao parecer produciuse un accidente de circulación no que un vehículo se saíu da vía, chocando contra a protección dunha estada.

Os axentes identifican ao condutor e observan que presenta signos de embriaguez e de acharse baixo os efectos das drogas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,62 mg/l e tamén é sometido a un test de drogas, arroxando un resultado POSITIVO en COCAÍNA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, procedendo á inmovilización do vehículo. (Adxúntanse imaxes)

Intento de ocupación dunha vivenda

Na noite do día 18 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se trasladen a un inmoble da avenida Adolfo Suárez, xa que unha veciña alerta que unha parella está a tentar acceder ao interior dunha vivenda, onde vive unha muller de avanzada idade.

Os axentes preséntanse de inmediato e observan como a porta principal presenta o pano inferior arrincado, entrevistándose coa moradora que lles indica que escoitou un forte ruído e viu a un home que tiña medio corpo dentro do domicilio, tras fracturar o pano inferior da porta, manifestando varias testemuñas como os autores foran dous homes que se ausentaron de lugar.

Os axentes comunican estes feitos ao resto de dotacións e unha hora máis tarde recíbese unha chamada na Sala do 092 no que un home di ser o autor destes feitos, sendo identificado por unha patrulla que acode ao seu domicilio, manifestando que fracturara a porta coa intención de ocupala, xa que cría que estaba abandonada e que cando viu que vivía xente, fuxiu do lugar, manifestando que se faría cargo dos danos ocasionados, instruíndo os axentes as correspondentes dilixencias para a súa remisión ao Xulgado de Garda.

Danos en autobús urbano

Na tarde do día 17 de xuño unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode á Avenida dos Deportes xa que o condutor dun autobús urbano informa que un grupo de mozos lanzaran unha pedra ao autobús, producindo danos.

Os axentes localizan ao presunto autor do feito, un menor de idade, que manifesta que arroxara unha pedra ao chan e ao rebotar impactara contra a xanela do autobús, localizando os policías aos pais do menor que se fixeron cargo del, levantando a correspondente acta de intervención para a súa remisión á Autoridade competente.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas