Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 20 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Condutas incívicas

Durante a madrugada do venres día 15 de setembro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo no centro histórico da cidade, sorprendeu a CINCO rapaces que estaban a ouriñar na vía pública, concretamente na Rúa Falcón (dous), Praza de Santa María (dous) e rúa Deán Fernández Varela, levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sanción para cada un deles de ata 900 euros.

Filtros de seguridade viaria

Na madrugada do día 20 de setembro, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, estableceuse diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectando 10 vehículos que os seus titulares non os presentaran a ITV no prazo debido, abríndose expediente sancionador de 200 euros para cada un deles; sorprendeuse a un vehículo que carecía de SOA, polo que foi sancionado o seu titular cunha multa de 1.500 euros e detectáronse dous condutores que, ao ser sometidos ás probas de alcoholemia, lanzaron un resultado POSITIVO de 0,52 e 046 mg/l, respectivamente, abríndose expediente sancionador para o primeiro condutor de 1,000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e ao segundo con 500 euros e a retirada de 4 puntos do carné.

Noticias relacionadas