Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 21 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Actos obscenos

Na mañá do día de onte 20 de xuño/23, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no Parque da Milagrosa, con motivo do mercadillo semanal, observa a un home que se atopa deitado xunto a un arbusto, no lado máis próximo á rúa Monte Faro, cubrindo as súas partes íntimas cunha chaqueta e realizando actos obscenos.

Os axentes proceden á súa identificación, recoñecendo que efectivamente estaba cometendo actos obscenos, polo que se levanta acta de denuncia por infracción á  Lei de Seguridade Cidadá, para a súa remisión á Subdelegación do Goberno.

Venda ambulante non autorizada

No devandito recinto a patrulla policial levantou OITO actas de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por ocupación de vía pública para venda ambulante non autorizada, propoñéndose sanción a cada unha destas persoas de 600 euros.

Presunto abuso sexual

Na tarde do día de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é requirida por unha muller en Camiño Real, a cal manifesta que un home en estado ebrio tocáralle “as nádegas” cando pasaba pola rúa, dando unha descrición desta persoa.

Inmediatamente os axentes proceden á localización do home, que é identificado, iniciándose as oportunas dilixencias, á espera que a muller presente a correspondente denuncia.

Noticias relacionadas