Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 21 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Identificación por presuntas ameazas

Na tarde de onte día 20 de setembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un centro de acollida desta cidade xa que unha traballadora denunciaba ameazas por parte dun usuario, ao comunicarlle o deber de abandonar as instalacións xa que expirara o prazo de axuda, polo que estaba en situación irregular, tratando de mediar con el, sen conseguilo. A patrulla policial procede á identificación desta persoa que nega estes feitos, levantándose o correspondente parte de intervención para a súa remisión ao órgano competente, á espera da presentación de denuncia por parte das persoas afectadas.

Condutas incívicas

Durante a madrugada do día 21 de setembro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, sorprendeu a dous mozos que estaban a ouriñar na vía pública, concretamente na rúa San Roque e en Praza de Santa María, levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sanción para cada un deles de ata 900 euros.

Filtros de seguridade viaria

Na madrugada do día 21 de setembro, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, estableceuse diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectando dous condutores que presentaban signos de embriaguez, sendo sometidos ás probas de detección alcohólica, lanzando o primeiro un resultado POSITIVO de 0,55 mg/l, polo que se abriu expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e o segundo, que era condutor novel, un resultado POSITIVO de 0,21 mg/l (a súa taxa máxima é 0,15 mg/l), sendo sancionado con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Noticias relacionadas