Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 22 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Auxilio a cidadán

Na madrugada do día 22 de novembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, acode á Porta de Bispo Odoario xa que ao parecer unha persoa atopábase ao bordo dun dos cubos da Muralla, con risco de precipitarse.

Os axentes comparecen de inmediato, observando que un home está sentado sobre o muro de pedra, polo que os policías tratan de tranquilizalo e nun momento dado logran suxeitalo, retirándoo do muro, sendo auxiliado e requirindo a presenza dunha ambulancia.

Os axentes coa súa rápida e decidida intervención, lograron salvar a vida deste mozo, de 20 anos de idade, acompañándoo no interior da ambulancia ata o HULA onde quedou ingresado.

Persoa causando molestias en establecemento público

Na tarde do día 21 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a un establecemento da rúa Quiroga Ballesteros, xa que ao parecer unha persoa sentouse no chan do local e negábase a levantarse.

Os axentes achan a un home sentado no chan, en evidente estado de embriaguez, polo que é auxiliado, incorporándoo e acompañándoo ao exterior, quedando sentado nun banco xa que non necesitaba asistencia facultativa.

Persoa golpeando os portais

Na madrugada do día 22 de novembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que se trasladase a cálea Pintor Villamil, xa que ao parecer un mozo dedicábase a golpear as portas dos edificios.

Os axentes atopan a esta persoa, un home de 31 anos que, en evidente estado de embriaguez, golpeara as portas xa que non podería abrir coas chaves que tiña, identificando o seu domicilio e coa axuda dos axentes púidose abrir a porta do portal e a da súa vivenda, quedando no seu interior xa que rexeitou asistencia facultativa.

Noticias relacionadas