Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 23 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade viaria

Durante a noite do 22 ao 23 de febreiro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diferentes controis de alcoholemia en vías do centro urbano, detectando un vehículo na Avenida Infanta Elena que se achaba detido no centro da calzada coa iluminación e o motor aceso e o seu condutor, de 33 anos, aos mandos e completamente durmido, sendo necesario abrir a porta e mover ao condutor varias veces ata que espertou do profundo soño, observando os axentes que presentaba unha forte embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,76 mg/l, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, quedando inmobilizado o vehículo.

Máis tarde na rúa San Roque detéctase a condución irregular dun vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,46 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución. Quedando inmobilizado o vehículo.

Así mesmo o equipo de Atestados da Policía Local de Lugo instrúe dilixencias por delito contra a seguridade viaria contra o condutor dun vehículo detectado por unha patrulla da Policía Nacional na Avenida de Madrid que circulaba a velocidade elevada e desprazábase continuamente á marxe esquerdo, estando a piques de chocar contase os vehículos estacionados. A condutora de 23 anos presentaba signos de embriaguez, sendo sometida ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,86 mg/l , sendo citada para Xuízo Rápido e inmobilizándose o vehículo que conducía.

Noticias relacionadas