Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 23 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Ataque de can a rabaño de ovellas

Na mañá do día 21 de xuño unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo trasládase a Camiño de Friás, xa que ao parecer un can atacara a un rabaño de ovellas que se achaban no interior dunha leira privada.

Os axentes proceden á identificación do propietario dos ovinos, manifestando que cando chega á leira, para interesarse polos animais, observa que un can de gran tamaño está a atacar ás ovellas, causando a morte dun cordeiro e feridas de gravidade a unha ovella, indicando que foi el mesmo, coa axuda do propietario do can, quen contiveron o ataque, ausentándose do lugar o titular do can co animal.

Os policías realizan as oportunas xestións e proceden á localización do dono do can, procedendo á súa identificación e á do animal, manifestando que saíu a pasear co can, téndoo suxeito coa correa, pero nun momento dado o animal escápaselle, saltando á parcela onde se achaban as ovellas, co resultado anteriormente citado, polo que se instrúen as dilixencias oportunas para a súa remisión á Autoridade competente, sendo ademais denunciado por diversas infraccións graves á Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía de Galicia. (Adxúntase imaxe).

Noticias relacionadas