Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante o fin de semana do 20 ao 22 de outubro.

Luns, 23 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Inspección de locais de lecer nocturno

Durante a fin de semana, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, levaron a cabo un dispositivo especial para o control do cumprimento da normativa de Espectáculos Públicos, especialmente en locais de lecer nocturno do recinto histórico, co seguinte balance:

  • Acta de denuncia a local con licenza de café bar que tiña instalado, sen contar con expresa autorización administrativa, un equipo reprodutor de música, situado nun altillo da barra.
  • Acta de denuncia a outro local con licenza de café bar, que tiña instalado, sen autorización administrativa, un equipo de reprodutor de música por computador e varios altofalantes, camuflados debaixo de plantas artificiais colgadas na parede, transmitindo altos niveis de ruído ao exterior.
  • Acta de denuncia a outro local pola mesma infracción que os dous anteriores, pois ten licenza de cervecería e ten instalado equipo de reprodución de música e altofalantes, reproducindo por un amplificador.
  • Acta de denuncia a un local de lecer nocturno por exercer a actividade coas portas abertas, transmitindo altos niveis de ruído ao exterior. Os axentes comprobaron que as portas estaban ancoradas con cuñas colocadas no chan.
  • Acta de denuncia a un local de lecer nocturno que realizaba a actividade coas portas abertas, transmitindo altos niveis de ruído ao exterior.
  • Acta de denuncia a un local de lecer nocturno por carecer de dobre porta, xerando ruído elevado ao exterior.
  • Acta de denuncia a outro local de lecer nocturno por exercer a actividade coas portas abertas, transmitindo altos niveis de ruído ao exterior. As portas estaban ancoradas con cuñas no chan.

Condutas incívicas

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo sorprenderon a SETE rapaces ouriñando na vía pública, concretamente nas rúas Catedral, Dean Fernández Varela (3), rúa Clérigos, Pio XII (2), propóndose sanción de até 900 euros para cada un deles por infracción á Lei de residuos de Galicia.

Seguridade cidadá

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo levantaron acta por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, ao sorprender a un mozo, na rúa Nova, manipulando unha bolsa termoselada que contiña unha sustancia estupefaciente que, ao tratar de ser identificado, emprende a fuxida a pé, sendo interceptado polos axentes que lle interveñen unha bolsa que contén unha sustancia, presumiblemente COCAÍNA, sendo trasladado a dependencias policiais para a súa completa identificación.

Filtros integrais de seguridade viaria

Establecéronse diferentes dispositivos de seguridade viaria nos que se combinaron controis de alcoholemia e drogas e controis de velocidade, nos que participaron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos de Atestados do Corpo, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:

DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

Na rúa Salvador de Madariaga detéctase un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,78 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

  • Na Avenida da Coruña dáse o alto a un vehículo cuxo condutor arroxa un resultado POSITIVO de 0,50 mg/l.
  • Na rúa Lamas de Prado é sometido un condutor ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,50 mg/l.
  • Na Rolda das Fontiñas dáse o alto a un vehículo cuxo condutor arroxa un resultado POSITIVO de 0,41 mg/l.
  • Na Avenida da Coruña sométese a un condutor ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,62 mg/l.

Nos tres primeiros casos abriuse expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e no último caso sancionouse ao condutor con 1.000 euros e a retirada de 6 puntos, inmobilizando todos os vehículos.

CONTROIS DE VELOCIDADE

Durante a semana realizáronse diversos controis de velocidade en vías do centro urbano onde se detecta un incremento do número de accidentes de circulación e con limitación a 50 km/h, empregando para iso un vehículo policial dotado de cinemómetro, co seguinte balance:

  • VEHÍCULOS CONTROLADOS: 2451
  • CONDUTORES DENUNCIADOS: 87

Noticias relacionadas