Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 24 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade viaria

Durante as noites do luns e martes establecéronse diversos controis de alcoholemia e drogas, nos que participaron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:

Delitos contra a seguridade viaria

Detéctase na rúa Río Lor a condución irregular dun vehículo que ao ser detido obsérvase que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado positivo de 0,74 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

No aparcadoiro do centro comercial da zona de As Termas é detectado un vehículo que circula de forma neglixente, sendo identificade o seu condutor, observando que no asento dianteiro viaxa como acompañante unha muller. Revisadas as imaxes das cámaras de videovixilancia do lugar, compróbase que devandito vehículo fora conducido anteriormente por esta persoa polo que é identificada, comprobando que carece de permiso de condución por non obtelo nunca, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria contra a condutora, sendo investigado ademais por cooperador necesario o home.

Alcoholemias Administrativas

Na Fonte dos Ranchos detéctase a circulación irregular dun vehículo, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado positivo de 0,41 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

En Curros Enríquez dáse o alto a un vehículo, sometendo ao seu condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado positivo de 0,58 mg/l., sendo sancionado con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Accidente de circulación

Un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase ao polígono industrial de O Ceao xa que un turismo causara danos a dous vehículos estacionados na rúa Industria. Os axentes proceden a realizar as investigacións oportunas, concluíndo que un turismo, ao realizar a manobra de marcha atrás, golpea coa parte posterior doutro vehículo estacionado, quedando este enganchado na bóla de remolque do vehículo que realizaba a manobra, descendendo o seu condutor e tras comprobar que causara danos, inicia a marcha levando enganchado ao vehículo estacionado que o arrastra pola rúa, realizando un cambio de sentido, cruzando os catro carrís de circulación co vehículo enganchado no seu parte posterior, encaixándoo contra outro vehículo estacionado e dándose á fuga. O equipo de Atestados inicia as investigacións oportunas, logrando a identificación do condutor fuxido, instruíndose as dilixencias oportunas. (foto).

Noticias relacionadas