Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 26 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Auxilio a persoa desorientada

Ás 18’55 horas do mércores, a Sala do 092 recibe comunicación sobre unha persoa desorientada na zona de Garabolos. Trasládase de inmediato ao lugar unha patrulla de Policía de Barrio, que localiza a un home de 78 anos sentado nun banco da zona, parecendo que, por momentos, perdía a consciencia. Solicítase a presenza no lugar dunha ambulancia do 061 para que preste asistencia á devandita persoa.

Os axentes reciben información dos veciños de que o home permanecera na zona durante toda a tarde, podendo pescudar máis tarde que non se presentou nun centro de día e que o estaban buscando desde primeira hora.

Filtros de seguridade viaria

Durante os filtros de seguridade viaria levados a cabo durante a xornada do mércores, detectáronse e denunciado as seguintes infraccións:

  • Dous vehículos circulando sen ser sometidos á inspección técnica periódica no prazo debido.
  • Dous condutores que non facían uso do cinto de seguridade obrigatorio.
  • Un vehículo que circulaba sendo sometido a dúas reformas de importancia que non foron legalizadas.

Noticias relacionadas