Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 27 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Dispositivo venda ambulante non autorizada

No día de onte, 26 de setembro, por parte de efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, estableceuse no Parque da Milagrosa un dispositivo especial cuxo obxectivo é proporcionar seguridade no mercado, o ordenamento de postos autorizados, a prohibición de ocupación de espazo público para venda ambulante non autorizada e o control de vehículos tanto no interior como no exterior do parque, dando o seguinte resultado:

  • Levantáronse tres acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por ocupación de espazo público para venda ambulante non autorizada, propoñéndose sanción de 600 euros a cada unha das persoas denunciadas.
  • No control de vehículos levado a cabo, abríronse 26 expedientes sancionadores ao detectar outros tantos vehículos cuxos titulares non presentaran o seu vehículo a ITV no prazo debido, propoñéndose sanción de 200 euros para cada un deles.
  • Detectouse un vehículo que carecía de seguro obrigatorio, abríndose expediente sancionador con multa de 1.500 euros.

Axuda humanitaria

Na mañá do día 26 de setembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio de rúa Hortas, xa que ao parecer nunha vivenda vive unha muller de avanzada idade que desde o día anterior non se sabe nada dela, non acudindo a varios compromisos persoais que tiña, temendo que algo grave ocorreulle.

Os axentes preséntanse de inmediato e non reciben resposta nin ás chamadas á porta nin ao teléfono, comprobando a través do HULA que dita persoa non se atopa hospitalizada, polo que en presenza dun familiar accédese ao interior da vivenda, atopando á súa moradora, de 86 anos, en perfecto estado, manifestando que non escoitara as chamadas, non necesitando asistencia médica e finalizando a intervención sen outra novidade.

Inspección establecemento de lecer nocturno

Na madrugada do día 26 de setembro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo levaron a cabo unha inspección nun establecemento de lecer nocturno da rúa do Miño, levantando acta de denuncia por infracción á normativa de espectáculos públicos, ao detectar como o local exercía a actividade coas portas abertas, transmitindo niveis elevados de ruído ao exterior.

Noticias relacionadas