Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 29 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Incendio nunha vivenda

Na madrugada do día 29 de febreiro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un inmoble da rúa Sanxillao, xa que se produciu un incendio nunha vivenda.

Os axentes preséntanse de inmediato, comprobando que o incendio se orixinara no enchufe dun electrodoméstico que se atopaba na terraza do piso, sendo sufocado por unha dotación de Bombeiros, desaloxando os axentes o edificio ata que por parte do Servizo de Extinción de Incendios comprobouse que as concentracións de fume non eran tóxicas, regresando os veciños aos seus domicilios, excepto os da vivenda afectada que pasaron a noite cuns familiares. (foto)

Altercado en establecemento público

Á primeira hora da noite do día 28 de febreiro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, foi comisionada pola Sala do 092 para que se trasladase a un establecemento situado en Fonte da Bica, xa que ao parecer un cliente estaba a causar alboroto e protestando pola folla de reclamacións.

Os axentes son informados polo encargado, que un cliente dera berros e insultado a persoal do local, reclamando a folla de reclamacións que lle foi facilitada, procedendo á identificación desta persoa, que se achaba en estado de embriaguez, manifestando que protestara porque a un amigo seu servíranlle o pedido con cebola cando é alérxico a este alimento, confeccionando os axentes o correspondente parte de intervención para os efectos oportunos.

Auxilio a un cidadán

Na tarde do día de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo pola Ronda das Fontiñas, observa a un home que camiñaba con dificultade pola beirarrúa, presentando signos de acharse baixo os efectos do alcol, sendo auxiliado polos axentes, que requiren a presenza dunha ambulancia do 061 para a súa atención médica.

Noticias relacionadas