Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 29 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidentes de circulación e delito contra a seguridade viaria

Na madrugada do día 29 de setembro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo, co apoio de varias patrullas do Grupo Operativo Nocturno do Corpo desprazáronse á rotonda que enlaza o polígono industrial de As Gándaras coa do Ceao e a Rolda Norte.

No primeiro punto, produciuse un accidente de circulación entre dous vehículos. Un circulaba polo carril interior da rotonda e o outro polo exterior, producíndose un impacto por raspado.

Os axentes observan que un dos condutores presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,88 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. (Adxúntanse imaxes).

Por outro lado, na Rolda Norte produciuse un accidente no carril de adiantamento existente antes da rotonda de acceso ao Polígono de As Gándaras, sentido A Campiña, no que estaban implicados dous vehículos que chocaran frontalmente, ao invadir un deles o carril contrario, manifestando ambos os condutores que non necesitan asistencia médica, sendo sometidos ambos ás probas de detección alcohólica, arroxando resultado NEGATIVO. (Adxúntanse imaxes)

Persoa falecida no interior de domicilio

Na tarde do día de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da rúa Pintor Laxeiro, xa que segundo manifestan os veciños do interior dunha vivenda pódese percibir un cheiro estraño e que desde hai días non ven ao seu propietario, permanecendo o seu coche na praza de garaxe e constatando que non fora ingresado no HULA, polo que ante a sospeita que algo grave ocorrera, solicítase a presenza dunha dotación de Bombeiros, accedendo os axentes ao interior da vivenda, achando na cama o corpo sen vida do propietario solicitando a presenza dun equipo de Policía Científica da PN e do Forense para o levantamento do cadáver.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas