COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Martes, 30 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Detención de persoa con requisitoria

Ás 10’30 horas do luns 29 a Sala do 092 recibe aviso sobre unha persoa que está a causar molestias nun establecemento da rúa Río Navia. Ao lugar se comisiona unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, cuxos axentes comproban que o home en cuestión, de 49 anos de idade, figura cunha requisitoria xudicial para proceder á súa detención, por un presunto delito de tráfico de drogas, motivo polo cal se procede á súa detención inmediata e ao seu traslado a dependencias policiais, para a tramitación das dilixencias oportunas.

Accidente de circulación

Durante a mañá do luns, ademais doutros sinistros, os axentes da Unidade de Atestados acudiron á rúa Germán Alonso, onde se produciu unha saída de vía. Unha vez no lugar, os policías comprobaron que se trataba dunha condutora que, ao circular en sentido descendente pola vía citada, tras observar que o bus urbano atopábase detido diante dela e que ao seu vehículo non lle funcionaba o freo e despois de comprobar que non había ningún peón sobre a beirarrúa, decidiu realizar unha manobra evasiva cara á esquerda, subindo sobre a beirarrúa e chocando contra o mastro dun semáforo e, posteriormente, contra a fachada do edificio, resultando danos no turismo, no semáforo e na fachada do inmoble.

Molestias por ladridos de cans

Ás 23’00 horas do luns, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno trasladouse a un inmoble da rúa Venancio Senra, onde os veciños queixábanse das molestias por ladridos duns cans. Unha vez no lugar e postos en contacto cos requirentes, compróbase que os ladridos proceden dunha entreplanta, na que, neses momentos, non se atopa ningunha persoa, polo que se continúan investigacións para identificar os titulares dos animais.

Alcoholemia

Durante a noite do luns ao martes, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno observa unha condución irregular dun vehículo pola Avd. Infanta Elena, motivo polo cal procede a deter a marcha do turismo, comprobando que o seu condutor presenta claros signos externos de atoparse baixo a influencia do alcol. Os policías solicitan a presenza da Unidade de Atestados, cuxos axentes someten ao condutor ás probas regulamentarias, nas que lanza resultado positivo de 0.79 mg/L, polo que se instrúen dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria; quedando o vehículo inmobilizado.

 

Noticias relacionadas