A concellería de Xuventude organiza unha actividade na que 192 lucenses poderán competir con pilotos da talla de Sergio Vallejo

Con esta actividade preténdese fomentar o consumo cero ao volante, ao mesmo tempo que sensibilizar e fomentar conductas seguras e responsables coa conducción.

A actividade terá lugar os venres 2, 9 e 16 de xuño en horario das 14.00 ás 22.00h na Praza Horta do Seminario. É aberta, gratuíta e non require de inscrición.

Mércores, 24 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Xuventude organiza unha actividade na que 192 lucenses poderán competir con pilotos da talla de Sergio Vallejo

O Executivo de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, e dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas (PNsD)), instalarán dous simuladores de condución racing no que os participantes poderán competir con pilotos da talla de Sergio Vallejo.

A actividade terá lugar os venres 2, 9 e 16 de xuño en horario das 14.00 ás 22.00h na Praza Horta do Seminario. Cada un deses días poderán participar ata 64 persoas. É aberta, gratuíta e non require de inscrición. Cada hora, 8 participantes, participarán en carreiras virtuais contra un piloto profesional e, o mellor de cada sesión participará nunha gran final.

Con esta actividade pretendemos fomentar o consumo cero ao volante e ofrecer alternativas de ocio sen alcohol ou outras drogas. A idea da conducción sen consumo será un tema transversal durante toda a actividade, ao mesmo tempo que sensibilizar e fomentar entre os participantes conductas seguras, responsables, e que poñan en evidencia a incompatibilidade do alcohol e outras drogas coa conducción, un dos eixos principais da prevención de drogodependencias.

Noticias relacionadas