Daniel Piñeiro supervisa as tarefas de limpeza de pintadas na rúa Clérigos e na Praza Fernando de Casas Novoa

Martes, 21 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Daniel Piñeiro supervisa as tarefas de limpeza de pintadas na rúa Clérigos e na Praza Fernando de Casas Novoa

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou este martes as tarefas que realiza o Concello para levar a cabo a limpeza das pintadas nas fachadas da rúa Clérigos e na Praza de Fernando Casas Novoa. Nestes traballos empréganse distintos produtos para eliminalos, dependendo dos tipos de graffitis e das paredes.

Deste xeito, o Goberno Municipal dá resposta ás peticións dos veciños e veciñas, ademais de seguir traballando para que Lugo sexa unha cidade limpa, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos lucenses e a imaxe da cidade, como oportunidade principal para incrementar o turismo.

Noticias relacionadas