Desenmascara o machismo, a campaña do Concello para ensinar a vivir o entroido libre de roles e estereotipos sexistas dende a nenez

Céntrase, principalmente, na responsabilidade á hora de comprar disfraz e inclúe algunhas cuestións a ter en conta no momento da súa selección, sobre todo para os infantís, como que desenvolvan a imaxinación ou que podan ser empregados indistintivamente por nenas e nenos

Luns, 05 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Desenmascara o machismo, a campaña do Concello para ensinar a vivir o entroido libre de roles e estereotipos sexistas dende a nenez

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe a edil Ana González Abelleira, vén de poñer en marcha unha nova edición da campaña Desenmascara o machismo, unha iniciativa por un entroido libre de sexismo, tal e como fai noutras festividades, como o Arde Lucus ou o  San Froilán.

A campaña, impulsada polo Goberno de Lugo, ten por finalidade ensinar a vivir o entroido libre de roles e estereotipos sexistas dende a nenez. Céntrase, principalmente, na responsabilidade á hora de comprar disfraz e inclúe algunhas cuestións a ter en conta no momento da súa selección, sobre todo para os infantís: descartar aqueles que supoñan unha hipersexualización, por exemplo aqueles que existen en dúas versións, temáticos para o neno e sexy para a nena, que os disfraces podan ser utilizados indistintamente polas nenas e nenos, que desenvolvan a imaxianción e que favorezan a cretividade, entre outros.

Audio

  • Ana González Abelleira, sobre a campaña do Concello | Descargar mp3

Multimedia

  • Desenmascara o machismo, a campaña do Concello para ensinar a vivir o entroido libre de roles e estereotipos sexistas dende a nenez
  • Desenmascara o machismo, a campaña do Concello para ensinar a vivir o entroido libre de roles e estereotipos sexistas dende a nenez

Noticias relacionadas