O Caudal Fest presenta o seu cartel definitivo para a edición de 2024 á que se suman os grupos galegos Carlangas y Los Cubatas e Lontreira

A rexedora, Paula Alvarellos, anunciou este xoves as últimas incorporacións que estarán presentes na vindeira edición do que xa é un dos festivais máis importantes do país.

O Concello volverá a ser o principal impulsor e dinamizador da cita, que contará un ano máis co patrocinio de Estrella Galicia, como principal sponsor privado.

As entradas atópanse á venda en www.caudalfest.es.

Xoves, 02 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Caudal Fest presenta o seu cartel definitivo para a edición de 2024 á que se suman os grupos galegos Carlangas y Los Cubatas e Lontreira

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou este xoves as dúas últimas incorporacións que se sumarán ao cartel da vindeira edición do Caudal Fest, a cita musical de referencia no municipio e un dos festivais máis importantes do noroeste peninsular. Trátase dos grupos Carlanga y Los Cubatas e Lontreira, quenes estarán presentes na que xa está consolidada como a última gran festa do verán galego e que se encamiña cara a súa edición máis multitudinaria, os vindeiros días 20 e 21 de setembro.

Un ano máis, o Caudal Fest traerá á cidade de Lugo un gran número das xiras máis importantes que se realizarán no verán de 2024. O venres 20 de setembro estará protagonizado por Amaral, Viva Suecia, Carlos Sadness, Varry Brava, Huecco, Karavana, Ana Lua Caiano, Xina Mora e Ramón Mirabet. Ademais, o festival engade aos galegos Carlangas y Los Cubatas e Lontreira.

O sábado 21 será a quenda para outro gran número dalgúns dos artistas con máis éxito do país. Mikel Izal, Arde Bogotá, Ginebras, Nil Moliner, Ladilla Rusa, Tu Otra Bonita, Siloé, Parkineos, e Monoulious DOP, Dani Dicostas e Querido protagonizarán a segunda xornada de Caudal Fest 2024.

Alvarellos lembrou que “dende que no Concello apostamos, en solitario, por poñer en marcha esta cita musical no 2018, o Caudal non deixou de crecer, tanto en volume de asistentes, infraestruturas, como na calidade do seu cartel, que este ano xa ten confirmados a algunhas das bandas e artistas máis importantes do panorama nacional”.

O Caudal Fest 2024 contará de novo co apoio do Concello de Lugo como impulsor e dinamizador do festival, desde a súa primeira edición, e con Estrella Galicia, principal patrocinador privado do evento.

A sexta edición do festival buscará ser a máis exitosa da historia. “En 2023, o evento reuniu a 37.567 persoas en Lugo, supoñendo un retorno económico de 7,3 millóns de euros para o municipio e xerando máis de 350 empregos directos e 2.000 indirectos”, subliñou a rexedora quen destacou a relevancia desta cita para a economía local.

Noticias relacionadas