Lara Méndez clausura un curso policial sobre intervencións en instalacións municipais

Durante a formación, os axentes desenvolveron a súa capacidade para detectar e a adiantarse a conductas que poidan causar incidentes ou supoñan un perigo para a veciñanza.

A alcaldesa cualificou esta instrución como moi necesaria e de gran valor para o desenvolvemento do  traballo policial e  destacou a complexidade da súa programación.

Martes, 24 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez clausura un curso policial sobre intervencións en instalacións municipais

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou na clausura do curso sobre intervencións en instalacións municipais impartido polo Comisario Xefe da Policía Nacional de Lugo, Luis Miguel Romera Pérez. A actividade, na que participaron 21 axentes da Policía local de Lugo, tivo por obxectivo proporcionar aos policías recursos para intervir en situacións de certa complexidade que se poidan producir nas dependencias municipais. Durante a formación, á que alcaldesa referiuse na clausura das xornadas formativas como “moi necesaria e enriquecedora para levar a cabo o seu labor”, os axentes desenvolveron a súa capacidade para detectar e a adiantarse a conductas que poidan causar incidentes. Ademais durante as máis de 20 horas de actividade docente, os axentes familiarizáronse con técnicas de  control de conductas individuais e en masa e afondaron nos protocolos de actuación ante situacións de risco para a veciñanza.

Multimedia

  • Lara Méndez clausura un curso policial sobre intervencións en instalacións municipais

Noticias relacionadas