Lara Méndez traballa no peche definitivo de Las Palmeras, tras achar a Policía Local na última inspección unha vivenda na súa entreplanta

A Alcaldesa analizou a situación na reunión semanal que mantén co Intendente Xefe do Corpo, na que abordaron a última actuación realizada, co fin de reforzar o expediente contra o local.

“Enviaremos un informe a Disciplina Urbanística, co obxectivo de tentar pechar de maneira definitiva o establecemento, revogándolle a licenza”, explicou a rexedora.

Martes, 21 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez traballa no peche definitivo de Las Palmeras, tras achar a Policía Local na última inspección unha vivenda na súa entreplanta

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo hoxe unha reunión co Intendente Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro, no marco dos encontros que mantén todas as semanas para realizar un seguimento das diferentes actuacións que está a realizar o Corpo nos locais de ocio nocturno que causan molestias á cidadanía, infrinxindo a lexislación. Nesta reunión abordóranse, entre outros locais que infrinxen, a situación do establecemento Las Palmeras, situado na rúa Tui.

Lara Méndez explicou que no último rexistro realizado pola Local detectouse que había unha entreplanta que se utiliza como vivenda e á cal se accede a través do propio local de hostalería, motivo polo cal se vai a enviar un informe a Disciplina Urbanística, dando traslado desta circunstancia, co obxectivo de tentar pechar de maneira definitiva o establecemento, revogándolle a licenza.

Neste senso, a rexedora informou que se está a traballar en completar todo o expediente para que este local, que é un dos que máis preocupación e controversia está a causar entre os residentes, cese a súa actividade de forma permanente, froito do compromiso que adquiriu Lara Méndez coa veciñanza da zona.

A rexedora lembrou que últimos meses foron numerosas as inspecións as que levamos feito no local; evidentemente temos unha lexislación garantista, isto obriga a que o expediente estea reforzado, a que se faga un seguimento dos incumprementos para poder chegar ao noso obxectivo que é o cese da súa actividade, apuntou a rexedora, quen subliñou que “levamos pechado nove locais nos últimos meses na cidade e seguiremos nesta liña, calquera que non cumpra coa normativa, que non garanta a convivencia entre o ocio e o descanso, será obxectivo deste goberno” concluíu.

Méndez incidiu en que se intenta equilibrar o ocio nocturno que incumpre coa normativa, que son poucos locais pero moi ruidosos, co dereito da cidadanía a descansar.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a inspección nas Las Palmeras | Descargar mp3

Noticias relacionadas