A masterclass online de nutrición de mañá desmontará os mitos alimentarios máis comúns

Trátase da terceira sesión desta programación telemática que puxo en marcha a área de Xuventude. Poderá seguirse dende as 20:00 horas no Facebook Xuventude Lugo

Martes, 01 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A masterclass online de nutrición de mañá desmontará os mitos alimentarios máis comúns

A masterclass onlinde de nutrición de mañá, mércores 1 de setembro, desmontará os mitos alimentarios máis comúns.

Trátase da terceira sesión desta programación telemática que puxo en marcha a área de Xuventude do Concello, co obxectivo de ofrecer á mocidade contidos de educación nutricional, ao tempo que se facilita a creación dunha contorna saudable.

Poderase seguir a partir das 20:00 horas, a través do Facebook de Xuventude de Lugo así como na contade Instagram @Xuventude_lugo.

Estas charlas, dirixidas pola dietista-nutricionista Ángeles Novo, terán lugar a través deste medio todos os mércores ata o 7 de outubro, ás 20:00 horas. Tras facer fincapé no etiquetado nutricional ou en trucos para non caer en antollos, nas vindeiras semanas abordará como mellorar o sistema inmune coa alimentación así como almorzos, ceas, petiscos saudables e receitas doces.

Noticias relacionadas