Martes, 16 de abril de 2024
Fonte:
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, recibiu este martes na Casa Consistorial a un grupo de 50 alumnos e alumnas de terceiro curso de Primaria do CEIP Rosalía de Castro, quenes coñeceron as dependencias municipais. No encontro, a rexedora explicou aos nenos e nenas o funcionamento da administración local e recolleu as suxerencias que lle trasladaron para mellorar a cidade lucense.