A masterclass online de nutrición de Xuventude deste mércores ofrece indicacións para elaborar un menú semanal para estudantes

Estas conferencias online, que se inclúen na programación do primeiro semestre da Xuventude Activa, terán lugar os primeiros mércores de mes, ás 20:30 horas, nas redes sociais oficiais de Xuventude de Lugo.

Martes, 06 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A masterclass online de nutrición de Xuventude deste mércores ofrece indicacións para elaborar un menú semanal para estudantes

As conferencias online de nutrición, que organiza a área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, ofrecen este mércores indicacións para elaborar un menú semanal para estudantes. Enmarcadas na programación deste primeiro semestre da Xuventude Activa, o Concello exporá diversos temas de interese para a poboación máis nova, co obxectivo de aportar solucións sinxelas e factibles a cuestións habituais en canto á alimentación se refire.

Tras a masterclass inaugural sobre alimentación vexetariana e vegana no pasado mes de marzo, a dietista-nutricionista luguesa Ángeles Novo, encargada de conducir ditas charlas, ofrecerá na sesión desta semana deseños de menús equilibrados, saudables e suxerentes destinados ás e aos estudantes. En maio versarán sobre como cociñar sano e barato e en xuño estarán dedicadas á alimentación e ao deporte.

Estas conferencias terán lugar os primeiros mércores de mes, ás 20:30 horas, ata xuño, nas redes sociais oficiais de Xuventude de Lugo. A propia nutricionista resolverá as posibles dúbidas a través dos comentarios da publicación do vídeo.

Noticias relacionadas