Medio Ambiente acondiciona a Volta da Viña dentro do programa de roza anual municipal

Os traballos, que se executaron esta mañá na zona do Mirador, concentráronse nas primeiras horas da xornada aproveitando a menor afluencia de tráfico para diminuír molestias á veciñanza

Luns, 14 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente acondiciona a Volta da Viña dentro do programa de roza anual municipal

A área de Medio Ambiente procedía hoxe a acondicionar a Volta da Viña, dentro do programa de roza anual municipal.

As tarefas, que se executaron na zona do Mirador, comezaban a primeira hora da xornada, aproveitando a menor afluencia de tráfico rodado co fin de diminuír as molestias á veciñanza.

Os traballos consistiron na retirada da maleza da ladeira e tamén na limpeza da terra acumulada pola escorrentía nas canaletas da beiravía”, explica o edil e tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, quen tamén deu conta da composición do dispositivo “no que participaron tres operarios con desbrozadora de man, un tractor, unha cisterna de baldeo mixto e unha barredora ademais dun camión para o traslado dos refugallos recollidos”.

A actuación enmárcase dentro da programación anual de roza do Concello para manter limpos os distintos barrios do municipio.

Un mantemento que se leva a cabo de luns a sábado e no que ademais do labor programado se atende ás demandas que a veciñanza canaliza a través do servizo de Medio Ambiente.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre a Volta da Viña dentro do programa de roza anual municipal | Descargar mp3
 
Multimedia

  • Medio Ambiente acondiciona a Volta da Viña dentro do programa de roza anual municipal

Noticias relacionadas