O CEI Nodus acolle a presentación do programa Feminino Rural. Donas do Rural. Donas de si impulsada por AELU

A iniciativa dará apoio, formación e asesoramento de maneira gratuíta a mulleres empresarias e emprendedoras do rural para que melloren o seu negocio.

Venres, 08 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O CEI Nodus acolle a presentación do programa Feminino Rural. Donas do Rural. Donas de si impulsada por AELU

A tenenta de alcaldesa e edil de Desenvolvemento Local, Ana Abelleira, participou este venres na presentación e almorzo de traballo do programa Feminino Rural. Donas do Rural. Donas de si, unha iniciativa posta en marcha por AELU  e financiada pola Deputación que dará apoio, formación e asesoramento de maneira gratuíta a mulleres empresarias e emprendedoras do rural para que melloren o seu negocio ou poidan poñer en marcha con garantías a súa idea emprendedora.

Co obxectivo de chegar ao maior número de mulleres posible e facilitar a súa participación, todas as accións do proxecto fanse de maneira deslocalizada, nas comarcas da Mariña, Lugo, A Ulloa, Terra Chá, Sarria, A Montaña e a Ribeira Sacra. En cada unha destas comarcas realízase unha presentación e un almorzo de traballo no que participan 25 mulleres de cada unha das zonas obxecto da iniciativa, coa finalidade de crear sinerxias e fomentar o intercambio de experiencias entre elas. No caso da comarca de Lugo, a reunión tivo lugar no Centro de Emprendemento e Innovación do Concello (CEI Nodus).

Nunha segunda fase do proxecto participarán unha selección de 5 empresarias e emprendedoras por comarca que sairán das reunións de traballo, as cales recibirán unha formación e un asesoramento personalizados, que irán  dirixidos a mellorar o funcionamento, gañar competitividade e abrir novos mercados no caso das empresarias que teñan os negocios en marcha, e para constituír e arrancar a empresa no caso das emprendedoras participantes.

Noticias relacionadas