Rubén Arroxo e Alexandre Penas reuníronse con integrantes da asociación SOS Milagrosa

Arroxo: "coñecemos as solicitudes deste colectivo veciñal e traballaremos para continuar a mellorar a cidade e os distintos barrios".

O Tenente de Alcaldesa e o edil de Infraestruturas destacaron a importancia do contacto da veciñanza co Concello "para poder planificar mellor o traballo das distintas áreas".

Luns, 26 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Alexandre Penas reuníronse con integrantes da asociación SOS Milagrosa

O Tentente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza con representantes da asociación SOS Milagrosa. Durante a xuntanza, Arroxo escoitou as demandas deste colectivo, e deulles información sobre os proxectos máis inmediatos que está a desenvolver a área de Mobilidade e Infraestruturas na zona.

Rubén Arroxo valorou positivamente esta xuntanza "que nos permite coñecer de primeira man e cun tono cordial as proposstas das veciñas e veciños da Milagrosa". Segundo o Tenente de Alcaldesa, "nos últimos anos desde a área de Mobilidade e Infraestruturas avanzamos na mellora de todos os barrios da cidade, tamén na milagrosa, con actuacións importatnes no calmado de tráfico e na mellora de espazos urbanos, e tamén con iniciativas artísticas como o mural da rúa Mar Cantábrico". Arroxo e Penas mostraron ás veciñas e veciños "o traballo avanzado na peonalización da rúa Milagrosa, un dos principais proxectos do orzamento deste ano na mellora dos espazos públicos da cidade e que permitirá continuar a traballar na comunicación peonil entre o centro e a zona norte".

O Tenente de Alcaldesa lembrou a importancia de que a veciñanza faga chegar as súas necesidades ás distintas áreas do goberno municipal. "As veciñas e veciños de cada zona saben de primeira man as necesidades da súa zona", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "moitas veces trátanse de pequenos arranxos, que a brigada municipal de obras trata de resolver no menor tempo posíbel para garantir o bo estado da cidade".

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre a asociación SOS Milagrosa | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Alexandre Penas reuníronse con integrantes da asociación SOS Milagrosa

Noticias relacionadas