O Concello completa a retirada dos retos da árbore que caeu na estrada N-VI, entre a Ponte Branca e o Mesón O Muíño

Luns, 18 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello completa a retirada dos retos da árbore que caeu na estrada N-VI, entre a Ponte Branca e o Mesón O Muíño

A área de Transición Ecolóxica do Concello, en coordinación coa empresa Excavaciones J. Carreira, completou este luns a retirada dos restos das raíces e da terra que quedou da árbore (un pino de importantes dimensións) que caeu na estrada N-6 entre a Ponte Branca e o Mesón o Muíño, no treito que foi cedido no seu día ao Concello de Lugo.

Os traballos, para os que houbo que recurrir a maquinaria especializada, complementaron os labores realizados a semana pasada con medios propios do Concello, cos que se retiraron os outros restos da árbore que quedaran depositados no arcén.

Noticias relacionadas