O Concello estuda habilitar terreo municipal como aparcamento temporal para compensar a diminución das prazas que orixinarán as obras da Intermodal

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos explicou que “estamos estudando a posibilidade de acondicionar varias parcelas, sitas na contorna da Estación, que nos permitirían paliar a merma de estacionamentos que se produza na zona mentres duren os traballos”.

A rexedora sitúa “próximo” o comezo da intervención do Adif e amosou a súa satisfacción porque “non só está chamada a mellorar as comunicacións da nosa cidade, senón que contribuirá á transformación urbanística dos barrios da contorna”.

Xoves, 07 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello estuda habilitar terreo municipal como aparcamento temporal para compensar a diminución das prazas que orixinarán as obras da Intermodal

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, supervisou esta mañá a configuración que ofrecen varias parcelas sitas na contorna da Estación do Ferrocarril nas que o Concello estuda actuar para habilitar un aparcadoiro temporal cara o inminente inicio das obras de construción da nova Intermodal.

O obxectivo da visita, onde a rexedora estivo acompañada por persoal municipal, é “avaliar as posibilidades que teñen estes terreos, que rondan unha superficie de 950 metros cadrados, para paliar o déficit de prazas de estacionamento que se producirá de forma circunstancial mentres o Adif execute os traballos e para os que será chegará un momento no que sexa preciso pechar o actual aparcamento do que dispón en Conde Fontao”.

A rexedora situou “próximo” o comezo da intervención do ente ferroviario ao tempo que tamén avanzou que nos primeiros meses “todo parece indicar que será posible a conciliación destes labores coa permanencia da flota de vehículos de Correos, principal usuario deste espazo, no mesmo recinto”.

Alvarellos Fondo mostrou destacou que a Estación Intermodal “non só está chamada a mellorar as comunicacións da nosa cidade, senón que contribuirán á transformación urbanística da zona”.

“Trátase dunha actuación que impulsará a nosa competitividade territorial ao conectar Lugo coa alta velocidade. A nosa disposición foi sempre, e seguirá sendo, de total colaboración co resto de administracións implicadas e estamos convencidos de que a mellora desta infraestrutura será un factor determinante para poder expandir o noso tecido produtivo e fixar poboación”, proseguíu. “Ademais posibilitará muda moi positivamente esta contorna rompendo co illamento ao que estiveron sometidos os barrios de Paradai e o Sagrado Corazón”, concluíu Alvarellos.

Noticias relacionadas