O Concello lanza unha campaña para que os propietarios de cans sexan activos na limpeza de ouriños nos espazos públicos

A concellería de Medio Ambiente repartirá gratis 2.500 recipientes de limpeza reutilizables para evitar manchas e malos cheiros nas fachadas e nas rúas.

A Alcaldesa lucense, Lara Méndez fixo especial fincapé en que a veciñanza debe tamén implicarse no coidado da cidade porque “xuntos debemos dignificar a súa imaxe”.

Mércores, 15 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello lanza unha campaña para que os propietarios de cans sexan activos na limpeza de ouriños nos espazos públicos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, presentaron esta mañá na Praza Maior a campaña Lu...guau!! de concienciación e información sobre a necesidade e a obriga dos propietarios de cans de contribuír a manter limpa os espazos públicos, neste caso relativa aos ouriños co fin de evitar manchas e malos cheiros.

“As persoas que temos cans -e somos moitos cun censo de máis de 3.000 mascotas- debemos corresponsabilizarnos non só dos seus coidados, senón tamén da limpeza da cidade para que podamos dignificar a imaxe de Lugo”, sostivo a rexedora, quen lembrou que o Concello está desenvolvendo un importante investimento na limpeza viaria co novo servizo Luce Lugo, “pero debemos ser partícipes na mesma tanto a administración como a sociedade, sendo respectuosos cos espazos públicos e co mobiliario urbano, así como coas fachadas e portais das vivendas particulares”, indicou.

A campaña, que se lanza baixo o lema “Deixa a súa pegada, non os seus ouriños”, suporá a distribución de forma gratuíta dun kit de limpeza, que inclúe máis de 2.500 recipientes con vinagre branco, que actúa de desinfectante natural, que serán reutilizables. O líquido deberá botarse tras os ouriños dos cans para aclaralos e evitar malos olores e axudar, así mesmo, a que outras mascotas ouriñen no mesmo sitio.

O reparto desenvolverase durante 5 días en cinco zonas da cidade a través dun posto informativo itinerante.

LU...GUAU!! “Deixa a súa pegada, non os seus ouriños”

  • mércores 15 de febreiro na Praza Maior de 11.30 a 13.30
  • mércores 15 de febreiro en Campo Castelo de 16.30 a 18.30
  • mércores 22 de febreiro na Praza da Fonte dos Ranchos de 16.30 a 20.30 h
  • xoves 23 de febreiro no Parque de Frigsa de 16.30h a 20.30h
  • venres 24 de febreiro na Praza de Augas Férreas de 16.30h a 20.30h
  • sábado 25 de febreiro na Avenida das Fontiñas de 10.30h a 14.30h

Audio

 

Noticias relacionadas