O Concello realiza estudos de batimetría no curso do Miño para determinar as posibles localizacións como zona de baño pública

Daniel Piñeiro achegouse ata o paseo do río Miño, onde se realizan estas tarefas, para as que foi necesario unha ecosonda conectada a un receptor GPS fotográfico

Martes, 18 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello realiza estudos de batimetría no curso do Miño para determinar as posibles localizacións como zona de baño pública

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, achegouse este martes ata o paseo do río Miño, onde o Concello está a realizar estudos de batimetría no seu curso, para determinar as posibles localizacións idóneas como zona de baño pública, “na que veciños e veciñas de Lugo e toda a cidadanía goce dun lugar de lecer na cidade”.

Tal e como avanzou Piñeiro, eses estudos consisten na medición da profundidade do río. O Concello realiza varias medicións, entre elas a zona do caneiro do Vilar e a zona situada detrás dun dos parques infantís deste paseo, o do máis próximo á pasarela. Para estas tarefas, ás que o Concello destina uns 10.000 euros, empregouse unha ecosonda conectada a un receptor GPS fotográfico. Deste xeito, coa navegación dunha embarcación polo río, tanto de xeito lonxitudinal como transversal, a ecosonda e o GPS realizaban medicións de xeito continuado.

“Como sempre dixemos, Lugo vai ter zona de baño pública, e este é un paso previo”, tal e como asegurou o edil, posto que “deste xeito analízase cal é a zona máis axeitada, para que teña o mínimo impacto sobre o río, ademais de dispoñer dun acceso doado á mesma e que, polo tanto, se poida empregar por todos os veciños e veciñas”.

Multimedia

  • O Concello realiza estudos de batimetría no curso do Miño para determinar as posibles localizacións como zona de baño pública

Noticias relacionadas