O Concello reforma o canil do Carril das Estantigas para adaptalo ás necesidades dos usuarios e garantir o benestar animal

Os traballos inclúen unha reorganización dos espazos, a creación dunha zona de aseo para os animais, o cambio de mobiliario e a instalación dun ‘parklet’ de madeira

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, lembrou que os cambios dan resposta ás peticións dos usuarios para gozar dunhas instalacións máis cómodas, confortables e seguras

O proxecto ten en conta tamén a mellora do acceso ao paseo interior da Muralla para facilitar o mantemento dos xardín da zona

A obra, que conta cun investimento de 48.158 euros, estará finalizada este mesmo ano

Martes, 24 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello reforma o canil do Carril das Estantigas para adaptalo ás necesidades dos usuarios e garantir o benestar animal

Este martes deron comezo as obras de reforma e modernización da área de esparexemento para mascotas situada no Carril das Estantigas, entre as rúas Montevideo e Rúa Nova e a Muralla, para as que o Concello de Lugo destina 48.158 euros. Así o avanzou a alcaldesa, Lara Méndez, quen subliñou que “con este proxecto queremos dar resposta ás diferentes peticións que nos teñen trasladado os usuarios e usuarias deste canil municipal, mellorando as instalacións para facelas máis cómodas, confortables e seguras, garantindo, así mesmo, o benestar animal”.

A rexedora, que estivo acompañada dos edís de Medio Ambiente, Álvaro Santos, e de Urbanismo, Miguel Couto, lembrou que “esta área foi construída no ano 2008 nunha zona arborizada, ampla e limpa, adecuada para o paseo e xogo de cans. Con todo, precisaba dunha renovación para atender as demandas actuais dos propietarios de mascotas, polo que na elaboración do proxecto tivéronse en conta as súas consideracións”.

“Doutra banda, tamén se tivo en conta a necesidade de mellorar o acceso ao paseo interior da Muralla, de tal maneira que se facilite o mantemento dos xardíns da devandita zona”, engadiu.

Deste xeito, as actuacións que se levarán a cabo serán as seguintes:

  • Eliminación de “labirintos” de setos, zonas que impiden a total visibilidade e que non contan con pavimento adecuado para cans.
  • Construción dun recinto previo á actual entrada, que permita a visibilidade. O recinto garantirá:
    • A seguridade, mediante a  instalación de dobre porta, con peche seguro automático con pestillo e resorte hidráulico.
    • A limpeza do recinto, coa retirada das papeleiras e instalación de contedores de residuos orgánicos e plásticos.
    • A limpeza animal, con acceso propio a unha área de lavado e cepillado caninos.
  • O recinto terá un pavimento pétreo, para facilitar a limpeza e desinfección por parte dos servizos municipais.
  • Instalación dunha área de estancia para os usuarios do canil, a realizar mediante unha estrutura de madeira, tipo parklet.
  •  Substitución dos bancos existentes por outros cubertos na súa parte inferior, para evitar que os cans resulten feridos. Colocación dos novos bancos no perímetro, para que non interfiran nas zonas de xogo animal.
  •  Ampliación da zona de jabre, pavimento brando de tipo árido, que abarcará a práctica totalidade do recinto.
  •  Conservarase unha pequena zona verde na zona oeste, máis sombría e en contacto con arizónicas, onde o mantemento e limpeza do jabre sexa máis complicado; e ao redor da marquesiña de protección ante a choiva.
  •  En todas as actuacións priorizarase a utilización de materiais naturais (madeira, jabre, pedra) e utilizaranse deseños respectuosos coa contorna patrimonial -paseo interior da Muralla Romana de Lug.
  •  Finalmente, colocaranse dúas portas que permitan o acceso ao paseo interior da Muralla, de tal maneira que se facilite o mantemento dos xardíns da devandita zona.

As obras contan cun prazo máximo de execución de 4 semanas, polo que estarán rematadas antes de que finalice o ano. A empresa encargada de levalas a cabo será Calfensa, pois presentou a proposta económica máis baixa.

Investimento de 100.000 euros en caniles no último ano

A cidade de Lugo conta con catro áreas de lecer para mascotas, a máis recente inaugurada hai escasamente un ano. No pasado mes de decembro, o Goberno de Lara Méndez, abriu un novo canil entre as rúas Serra de Ancares e Río Eo, cun investimento de 50.000 euros, dentro das actuacións previstas no Plan de Barrios. A esta actuación únese agora a renovación das instalacións do Carril das Estantigas, obras para as que se destinarán outros 50.000 euros, acadando unha inversión total de 100.000 euros nos últimos meses para a creación e mellora destes espazos. Os outros dous caniles da cidade atópanse no parque da Milagrosa e na Acea de Olga, no entorno da Carballeira.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o proxecto de renovación da Área Canina do Carril das Estantigas | Descargar mp3

Multimedia

  • O Concello reforma o canil do Carril das Estantigas para adaptalo ás necesidades dos usuarios e garantir o benestar animal
  • O Concello reforma o canil do Carril das Estantigas para adaptalo ás necesidades dos usuarios e garantir o benestar animal
  • O Concello reforma o canil do Carril das Estantigas para adaptalo ás necesidades dos usuarios e garantir o benestar animal
  • O Concello reforma o canil do Carril das Estantigas para adaptalo ás necesidades dos usuarios e garantir o benestar animal

Noticias relacionadas