O Concello reforza a suxeición de 19 colectores na parroquia de Tirimol

Miguel Fernández supervisará os traballos nos que a entidade local investiu 10.000 euros e que benefician ao redor de 300 veciños e veciñas

Venres, 12 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello reforza a suxeición de 19 colectores na parroquia de Tirimol

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, supervisará este vernes pola tarde as actuacións de mellora que o Concello está a acometer co fin de reforzar a suxestión de 19 colectores do lixo na parroquia de Tirimol, nas que investiu 10.000 euros e que benefician ao redor de 300 veciños e veciñas. Deste xeito, o Concello continúa a executar os 59 proxectos demandados polos lucenses que contan cunha dotación económica de 500.000 euros.

Os traballos, que estarán rematados ao longo do mes de febreiro, consisten en dotar de 11 bases de formigón a 19 colectores dos núcleos de Bagueixos, Cardelle, Grisín, Ramil e Seivane. En Bagueixos e Grisín instalouse 1 base, en Cardelle e Seivane, 2 e en Ramil, 5, respectivamente.

“O Goberno acomete estas actuacións posto que se enmarcan dentro do noso compromiso por mellorar as dotacións no rural e por garantizar a mesma calidade de vida que na cidade, garantindo os mesmos servizos públicos para todo o municipio, residan onde residan”, subliñou Fernández.

Deste xeito, a suxeición dos colectores súmase a outras actuacións que o Concello está a realizar nos últimos días en diferentes parroquias do rural, como a instalación dun parque biosaudable en Santa Comba, o abastecemento de Meilán ou o desbroce de camiños públicos.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre os traballos da suxeición de 19 colectores na parroquia de Tirimol | Descargar mp3

Noticias relacionadas