O edil de Medio Ambiente fai un chamamento ao civismo e pídelle á mocidade que compatibilice o seu ocio co respecto aos espazos públicos

O parque Rosalía de Castro amenceu este venres cheo de sucidade e con numerosos danos no mobiliario urbano e na vexetación

Venres, 10 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O edil de Medio Ambiente fai un chamamento ao civismo e pídelle á mocidade que compatibilice o seu ocio co respecto aos espazos públicos

O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, facía esta mañá un chamamento ao civismo instando á cidadanía, especialmente á mocidade, a compatibilizar o seu ocio co respecto aos espazos públicos.

O concelleiro relatou que a celebración, esta pasada madrugada, dun botellón no parque Rosalía de Castro deixou un saldo de “importantes danos no mobiliario urbano así como ás especies vexetais do recinto no que, ademais quedou acumulado unha gran cantidade de lixo”.

“Dende cristais rotos, que poden ser un foco de perigo para o resto de usuarios das instalacións, pasando por plásticos, botellas, etc... a imaxe de sucidade que presentaba hoxe este espazo resulta inaceptable, sobre todo tendo en conta que hai numerosas papeleiras nas que depositar estes envases evitando primeiramente a contaminación da contorna pero tamén unha imaxe lamentable de desleixo, que non se corresponde coa realidade e que prexudica ao conxunto da cidade e, sobre maneira, á veciñanza que reside nas inmediacións”.

Santos Ramos indicou tamén que para “eliminar a resaca que este botellón deixou no parque, foi preciso pór en marcha un dispositivo especial de limpeza” ao tempo que se deu orde, tamén, de proceder á retirada das pólas das árbores estragadas. Circunstancia que o responsable de Medio Ambiente aproveitou para afear “o comportamento vandálico de quen atopa divertido estragar o patrimonio de todas e todos, danando o ecosistema” e insistiu en “apelar á concienciación cidadá para evitar que no futuro se repitan situacións como a acontecida hoxe”.

O parque de Rosalía de Castro quedou completamente acondicionado e limpo a media mañá.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre o botellón no Parque de Rosalía| Descargar mp3

Multimedia

  • O edil de Medio Ambiente fai un chamamento ao civismo e pídelle á mocidade que compatibilice o seu ocio co respecto aos espazos públicos

Noticias relacionadas