O Goberno de Lara Méndez inviste 25.500 euros na mellora da accesibilidade na contorna da Avenida da Coruña

Os traballos consisten en rebaixes en diversos pasos de peóns e cambio de chan por pavimento sinalizador ao longo desta avenida, unha das principais arterias de comunicación da cidade.

A actuación enmárcase nas accións levadas a cabo por Benestar Social para mellorar as condicións de mobilidade do conxunto da veciñanza incidindo na accesibilidade universal.

Xoves, 03 de agosto de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez inviste 25.500 euros na mellora da accesibilidade na contorna da Avenida da Coruña

O Goberno de Lara Méndez inviste 25.470 euros na mellora da accesibilidade na contorna da Avenida da Coruña. “Esta actuación enmárcase nas accións levadas a cabo pola Concellería de Benestar Social, a instancias do Gabinete Municipal de Accesibilidade, coas que buscamos mellorar as condicións de mobilidade do conxunto da veciñanza incidindo na accesibilidade universal e na procura de acadar que o centro urbano sexa integrador, especialmente nesta rúa, que é unha das principais arterias de comunicación de Lugo”, explicou a edil responsable da área, Olga López.

Os traballos que se levarán a cabo, cun prazo de execución de 2 meses, consisten en rebaixes en diversos pasos de peóns e cambio de chan por pavimento sinalizador ao longo da mencionada avenida. En concreto, actuarase nos seguintes emprazamentos:

  • 1.- Avenida da Coruña con Ronda da Muralla
  • 2.- Avenida da Coruña esquina con Concepción Arenal
  • 3.- Avd. da Coruña esquina con Tino Grandio
  • 4.- Avd. da Coruña á altura do número 112
  • 5.- Avd. da Coruña á altura do número 154
  • 6.- Avd. da Coruña á altura do número 180-182
  • 7.- Avd. da Coruña á altura do número 202
  • 8.- Avenida da Coruña esquina con Curros Enríquez
  • 9.- Avenida da Coruña esquina con Illas Cies
  • 10.- Avd. da Coruña á altura de Monte Faro
  • 11.- Avd. da Coruña á altura do número 224
  • 12.- Avd. da Coruña á altura do número 281
  • 13.- Avd. da Coruña esquina con Farmacia Lavandeira
  • 14.- Avd. da Coruña á altura número 309 y 288
  • 15.-Avd. da Coruña esquina con Río Ladra
  • 16.- Avd. da Coruña esquina con rúa Monte Cadramón
  • 17.- Avd. da Coruña entrada e saída da Estación de Servicio
  • 18.- Avd. da Coruña esquina con Rúa Ferreiriño
  • 19.- Avd. da Coruña á altura do número 326
  • 20.- Avd. da Coruña á altura do número 348
  • 21.- Avd. da Coruña á altura do número 358
  • 22.- Avd. da Coruña á altura do número 381

Así, proxéctase a demolición e reposición de pavimentos nos tramos da rolda e nos cruces apuntados, estes últimos para adaptalos ás esixencias actuais de accesibilidade.

Labor premiado en materia de accesibilidade

Estas novas actuacións súmanse ao labor realizado dende a Administración local nos últimos anos, en colaboración co tecido asociativo da cidade, que fixeron merecedora a Lugo de prestixiosos recoñecementos de nivel nacional e internacional, como o Premio Nacional Reina Sofía de Accesibilidade; a distinción de Destino Turístico Accesible de España (2015); a Mención Especial nos Premios Europeos de Accesibilidade -Access City Award- (2016); e a declaración como Cidade Mapcesible pola Fundación Telefónica (2019). O Concello mesmo foi convidado no 2017 pola Comisión Europea a expoñer en Bruxelas o seu modelo de cidade con motivo do Día Europeo da Discapacidade.

Audio

  • A edil da Concellería de Benestar Social e Maiores, Olga López, sobre as obras de accesibilidade | Descargar mp3

Noticias relacionadas