O XLII Rally San Froilán, co que colabora o Concello, terá lugar esta fin de semana

Xoves, 15 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O XLII Rally San Froilán, co que colabora o Concello, terá lugar esta fin de semana

O concelleiro de Deportes, Miguel Fernandez acudiu á presentación na Praza de San Marcos, da 42 edición do Rally San Froilán, un evento que terá lugar os vindeiros días 16, 17 e 18 de outubro e no que o Concello de Lugo é un dos principais patrocinadores.

Á mesma tamén acudiu Isabel Rodríguez López, Subdelegada do Goberno en Lugo; Efrén Castro Caloto, Deputado da Área de Deportes; Mayte Vilanova López, Vicepresidenta da Escudería Miño; Iván H. Corral Pérez, Presidente da Federación Galega de Automobilismo e Manuel Otero Méndez, Xefe do Servizo Provincial de Deportes de Lugo.

"O Rally San Froilán é sinónimo de deporte, de automobilismo, de promoción da nosa cidade e da nosa provincia, e como non poñer a Lugo no mapa nacional", asegurou o edil durante a presentación, ao tempo que lembrou o compromiso orzamentario do Goberno de Lugo co deporte.

Como novidade nesta 42 edición e atendendo ás necesidades e solicitudes das administracións en materia de control da pandemia do coronavirus Covid-19, Escudería Miño, implantou o rexistro de entrada nos tramos cronometrados para todos os afeccionados que acudan a presenciar a proba. De tal xeito que desta forma permítese que a organización poida contar cun control efectivo dos afeccionados que acudiron aos diversos puntos do rallye ao tempo que “pedimos tamén para iso a máxima colaboración de quen acuda” insistiron dende a organización.

Audio

  • O concelleiro de Deportes, Miguel Fernandez, sobre a 42 edición do Rally San Froilán | Descargar mp3

Noticias relacionadas