Rematan as obras da rúa Torre de Doncos

Reurbanizouse a rúa e renovouse o saneamento e o alumeado público

As obras contaron cun orzamento de máis de 170.000€

Luns, 02 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rematan as obras da rúa Torre de Doncos

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, visitou xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, no día de hoxe a rúa Torre de Doncos, no barrio das Gándaras, onde nos vindeiros días rematarán as obras de reurbanización que se levaron a cabo durante as últimas semanas. Segundo Alexandre Penas “debido ao mal estado no que se atopaba esta rúa, foi necesaria a reurbanización da rúa e a renovación do saneamento e do alumeado público”.

Segundo Penas, “só falta realizar, durante o día de hoxe, as probas da nova iluminación”. As obras, que contaron cun orzamento de máis de 170.000€, consistiron na renovación da rede de abastecemento e saneamento, ademais de pavimentar a estrada e as aceras, que se aumentaron de tamaño. O alumeado público foi completamente renovado coa instalación de 5 novas farolas.

Con esta intervención, o concello de Lugo e a Área de Infraestruturas garanten as boas condicións de distintos servizos públicos e melloran a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna e da cidadanía. Para a área de Infraestruturas, os barrios periféricos teñen que ter as atencións necesarias.

Audio

Noticias relacionadas