Lara Méndez pon a disposición da cidadanía 340 novas prazas de estacionamento gratuíto na contorna do HULA

A instalación, que supuxo un investimento municipal de máis de 156.000 €, permanece operativa dende hoxe, ao carón da entrada principal do centro sanitario.

Coa entrada en funcionamento deste novo recinto, son xa 853 as prazas de aparcamento habilitadas polo Goberno local nos últimos anos na contorna do hospital.

Mércores, 11 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez pon a disposición da cidadanía 340 novas prazas de estacionamento gratuíto na contorna do HULA

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, vén de poñer a disposición da cidadanía 340 novas prazas de estacionamento gratuíto na contorna do HULA. O recinto, situado ao carón da entrada principal do centro sanitario, xa está operativo cumprindo os obxectivos, segundo indicou a rexedora, de “mellorar o máximo posible os servizos periféricos dun equipamento tan concorrido como é complexo hospitalario e de dar resposta á reivindicación da cidadanía que segue atopando elevadas as tarifas do parking subterráneo”.

A intervención, que supuxo un investimento municipal de máis de 156.000 euros, consistiu no acondicionamento de dúas parcelas que no seu conxunto suman 11.510 metros cadrados. A súa entrada en funcionamento, lembrou Méndez, eleva a 853 as prazas de aparcamento de balde habilitadas nos últimos anos polo Goberno local na contorna do complexo médico xa que, no seu día, os traballos de repintado das prazas que rodean o edificio permitiron gañan 150 novos espazos na vía pública, mentres que os dous aparcadoiros municipais creados nas inmediacións suman un total de 703 prazas.

Audio

  • Lara Méndez, sobre as novas prazas de estacionamento | Descargar mp3
 

Multimedia

  • Lara Méndez pon a disposición da cidadanía 340 novas prazas de estacionamento gratuíto na contorna do HULA

Noticias relacionadas