Renovación do equipamento da Policía Local

Luns, 01 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Renovación do equipamento da Policía Local

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, achegouse esta mañá ata as dependencias da Policía Local, onde revisou, xunto ao Xefe da Policía, o inspector Jesús Piñeiro, a renovación do equipamento da uniformidade da Policía Local. En total, adquiríronse 91 equipamentos, que inclúe botas, cazadoras, luvas, camisetas, gorras, etc…

Con esta nova adquisición o Concello de Lugo quere atender unha das necesidades e demandas máis importantes deste corpo de seguridade, como é o equipamento persoal dos seus axentes, que prestan un servizo moi estimado para a cidadanía.

Noticias relacionadas