Rubén Arroxo: “O martes 30 convocarase a mesa do transporte público”

Todos os grupos poderán facer propostas para mellorar o servizo de autobuses. Rubén Arroxo: “queremos converter Lugo nunha cidade referente en materia de mobilidade”

Luns, 22 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo: “O martes 30 convocarase a mesa do transporte público”

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo anunciou que despois de en só dúas semanas no goberno do Concello, “convocaremos para o vindeiro martes a mesa do transporte público, na que todos os grupos, tanto da oposición coma do goberno, poidan trasladar propostas e ideas para mellorar este servizo”. “Dende a área de mobilidade apostamos por unha transformación importante no servizo co fin de conseguir reducir o tráfico en Lugo e unha mobilidade máis sostible”.

“Cando estabamos na oposición propuxemos a convocatoria desta nesa en varias ocasións”, indicou Rubén Arroxo, e engadiu “queremos mellorar o servizo de autobuses para converter Lugo nunha cidade referente en materia de mobilidade”.

Rubén Arroxo lembrou que o BNG levou no seu programa un proxecto para a transformación do transporte no Concello, “e agora que estamos no goberno queremos levalo a cabo”.

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre a mesa do transporte público| Descargar mp3

Noticias relacionadas