Último día para inscribirse na visita sociocultural aos xardíns do Pazo de Ribadulla e do Pazo da Oca

As persoas interesadas aínda poden anotarse no Centro de Convivencia de Fingoi, en horario de 08:20 a 14:30 horas, en xornada de mañá, e de 16:00 a 22:00 horas de tarde

A saída para a viaxe será ás 08:30 dende o propio centro e o regreso, ao mesmo lugar, está previsto para as 20:00 horas. O prezo da viaxe é de 4,12€ e o das entradas é de 5,50€  para os xardíns do Pazo de Ribadulla e de 4€ para os do Pazo de Oca

Martes, 20 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Hoxe martes, 20 de marzo, remata o prazo para inscribirse na visita sociocultural aos xardíns do Pazo de Ribadulla e do Pazo da Oca, que terá lugar este venres 23 de marzo. Tratáse dunha alternativa lúdico-cultural que ofrece a Concellería de Benestar, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana Abelleira, co obxecto de darlle unha alternativa máis á veciñanza para ocupar o seu tempo de ocio.

As persoas interesadas aínda se poden inscribir no Centro de Convivencia de Fingoi, en horario de 08:20 a 14:30 horas, en xornada de mañá, e de 16:00 a 22:00 horas de tarde.

A saída para a viaxe será ás 08:30 horas dende o propio centro e o regreso, ao mesmo lugar, está previsto para as 20:00 horas. O prezo da viaxe, segundo a ordenanza fiscal municipal, é de 4,12 euros. O prezo das entradas por persoa -en grupo-, é de 5,50 euros para os xardíns do Pazo de Ribadulla e de 4 euros para os do Pazo de Oca. Para as instalacións dos pazos, optativa, 13 euros.

Noticias relacionadas