Aberto o prazo de inscrición para as actividades gratuítas vinculadas ao mundo do motor e a seguridade viaria

Os interesados poderán inscribirse a través do teléfono de atención cidadá 010 ou no 982-29-73-50, para chamadas fóra de Lugo

O Concello entregará un premio entre os asistentes ao curso de mecánica de competicións, que consistirá en acompañar ao equipo Vallejo Racing nun rally con tódolos gastos pagos

Mércores, 13 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello abriu este mércores o prazo para inscribirse nas 6 activiades gratuítas vinculadas ao mundo do motor e á seguridade viaria, enmarcadas dentro do programa xuvenil +Xtí de prevención do consumo de drogas, que terán lugar dende o 29 de abril ao 19 de setembro, no Polígono do Ceao e no Circuíto de Outeiro de Rei.

Todos os interesados poderán inscribirse dende hoxe a través do teléfono de atención cidadá 010, ou no 982-29-73-50 para chamadas fóra de Lugo. O Concello entregará un premio entre os asistentes ao curso de mecánica de competicións que consistirá en acompañar ao equipo Vallejo Racing nun rally con todos os gastos pagos.

Trátase de cursos de copilotaxe, impartidos polos irmáns Sergio e Diego Vallejo, cursos de mecánica de competición e actividades sobre seguridade ao volante e condución de todoterreos, dirixidas a mozos e mozas a partir dos 16 anos, para os que a entidade local oferta un centenar de prazas.

Máis información sobre datas e horarios na web do Concello www.lugo.gal ou no 010.

Máis info

  • Programa de actividades vinculadas ao mundo do motor e á seguridade viaria|Descargar pdf

Noticias relacionadas