Xuventude pon en marcha a través do +XTÍ unha completa oferta de cursos de formación con saída laboral

A iniciativa, enmarcada no programa Lugo +XTÍ 2024, brinda a posiblidade de introducirse nos oficios de cociña, camareiro-barista e control de accesos a eventos.

Tamén se ofrece a posibilidade de especializarse no mundo da edificación con cursos de traballo en altura, instalación de placas solares ou manexo de plataformas elevadoras.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 29 de febreiro e a selección realizarase por orde de solicitude ata completar as 200 prazas ofertadas, con preferencia para desempregados.

Luns, 12 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude pon en marcha a través do +XTÍ unha completa oferta de cursos de formación con saída laboral

O Goberno local, a través da concelleira de Deportes e Xuventude que dirixe Jorge Bustos, abre hoxe o prazo de inscrición para diversas actividades enmarcadas dentro do +Xti, unha programación organizada polo Concello de Lugo e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas. En total, ofertanse sete cursos centrados en dous campos profesionais diferentes: a hostalaría e a construcción.

Deste xeito, as persoas interesadas poderán introducirse nos oficios de cociña, camareiro-barista e control de acceso. Ademais, aquelas persoas interesadas en acadar un emprego no mundo da edificación poderán especializarse nos oficios de operario de carretilla elevadora, traballos en altura, instalación de placas solares ou manexo de plataforma elevadora móvil de persoas. Esta oferta está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 39 anos.

“É necesario informar a nosa mocidade sobre as consecuencias do consumo de drogas ao tempo que ofertamos alternativas de ocio e actividades formativas para xerar camiños alternativos ao consumo. A información é un recurso necesario para tomar decisións intelixentes, informadas e autónomas. Unha sociedade máis culta, máis informada e mellor formada sobre as drogas será máis capaz de convivir nun mundo no que estas existen, reducindo o risco de establecer con elas relacións conflitivas”, sinalou Bustos.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición en: www.lugomasxti.org (na pestana de actividades/inscrición). A selección realizarase por rigorosa orde de entrada das solicitudes, ata esgotar as prazas, 200 en total, se ben terán preferencia as persoas desempregadas. Para máis información pode contactarse a través do teléfono 982 297 837.

Datas e horarios dos cursos de hostalería

Cociña básica (16h)

  • 8 de marzo das 16:00 ás 20:00 horas, 9 e 16 de marzo das 08:00 ás 14:00 horas.
  • 15 prazas.

Iniciación a camarero e barista (12h)

  • 4, 5 e 6 de abril das 16:00 ás 20:00 horas.
  • 15 prazas.

Controlador de accesos (16h)

  • 11, 12, 18 e 19 de abril das 16:00 ás 20:00 horas.
  • 20 prazas.

Datas e horarios dos cursos de edificación

Operario de carretilla elevadora (8h)

  • Grupo 1: 26 de febreiro (teórica) e 28 de febreiro (práctica), das 16:00 ás 20:00 horas. 25 prazas.
  • Grupo 2: 27 de febreiro (teórica) e 29 de febreiro (práctica), das 16:00 ás 20:00 horas. 25 prazas.

Plataforma elevadora móvil de persoas (8h)

  • Grupo 1: 4 de marzo (teórica) e 6 de marzo (práctica), das 16:00 ás 20:00 horas. 25 prazas.
  • Grupo 2: 5 de marzo (teórica) e 7 de marzo (práctica), das 16:00 ás 20:00 horas. 25 prazas.

Traballos en altura (8h)

  • Grupo 1: 11 de marzo (teórica) e 13 de marzo (práctica), das 16:00 ás 20:00 horas. 15 prazas.
  • Grupo 2: 12 de marzo (teórica) e 14 de marzo (práctica), das 16:00 ás 20:00 horas. 15 prazas.

Instalación de placas solares (12h)

  • 20 de marzo (teórica) e 21 de marzo (práctica), das 15:00 ás 21:00 horas. 20 prazas.

Multimedia

  • Xuventude pon en marcha a través do +XTÍ unha completa oferta de cursos de formación con saída laboral

Noticias relacionadas