A alcaldesa recibe no Concello aos cinco novos axentes que se incorporan ao Corpo da Policía Local

Estes 5 efectivos súmanse aos 15 que xa tomaron posesión a principios do mes de marzo

Venres, 08 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa recibe no Concello aos cinco novos axentes que se incorporan ao Corpo da Policía Local

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, efectivizaba esta mañá a toma de posesión de cinco novos axentes que se incorporan á Policía Local como funcionarios de carreira do Concello de Lugo.

No acto, no que tamén estivo presente o Inspector da Xefatura, Jesús Piñeiro, a alcaldesa aproveitou para dárllela benvida aos novos efectivos aos que cualificou como “un reforzo moi positivo do Corpo que permitirá non só optimizar a organización do servizo e mellorar a súa calidade senón que tamén redundará nun incremento da seguridade cidadá”, sinalou Lara Méndez.

Destas cinco prazas, tres proceden das OPES de 2017 e 2018, mediante convocatoria de oposición libre, e as outras dúas dun concurso entre administracións que se suman ás 15 incorporacións que xa tiveron lugar a principios de marzo e que elevan a 20 o número de novos axentes que se integran, neste primero semestre do ano, ao Corpo da Policía Local de Lugo.

Noticias relacionadas